top of page

MILLO VELLO

WhatsApp Image 2024-04-17 at 19.46.50.jpeg
WhatsApp Image 2024-03-18 at 21.03.56.jpeg
MILLO VELLO MAGIA 1.jpeg
Coproducido por
logo-vector_xunta-de-galicia.jpeg

Millo Vello é unha práctica performativa onde corpos e obxectos dialogan coa música en vivo.
É un exercicio de continua tentativa de volver á sabedoría ancestral, primitiva, ao mesmo tempo que abrazamos o que forma parte da nosa realidade e contexto actual.
En realidade, esta práctica é unha carta de amor a nós mesmxs. e a todas aquelas persoas que se poidan sentir apeladas na busca dese lugar apracible onde habitar.

Servímonos da busca dende o subconsciente e os soños, creando paisaxes visuais que  invitan á observación tranquila, a poñerse en tempo de árbore. Para acadar así o deleite de ser testumuña de algo que, como a natureza, vaise conformando pouquiño a pouco.


 

DIRECCIÓN: Ay, Cariño!

INTÉRPRETES: Cris Vilariño, Diego M. Buceta, Rafa Mallo, Robert Tena 

MÚSICA EN DIRECTO E ESPAZO SONORO: Rafa Mallo

ILUMINACIÓN: Laura Iturralde 

VESTUARIO: Ay, Cariño!

MIRADA EXTERNA: Andrés Corchero

ASISTENCIA CESTERIA: Lola Touron

GRACIAS por visitarnos

bottom of page