top of page
Buscar

MILLO VELLO

  • Foto del escritor: Cris Vilariño
    Cris Vilariño
  • 20 mar 2024
  • 1 Min. de lectura

Estabamos xogando, como outra tarde máis, á escoba. Eu ía gañando e, como de costume, chinchaba á miña abuela Fita, igual que facía ela comigo no mesmo caso.


Recordo dende pequenx á miña familia xogar ás cartas, ritual social do que todxs xs adultxs desfrutaban. Chinchón, habitualmente. A cita anual máis importante era a de fin de ano, onde varias xeracións xuntábanse arredor da mesa grande da cocina e apostaban cartos. Era tradición que algunhas persoas xogaran toda a noite e empalmaran coa mañá seguinte, sen durmir e facendo alarde de frescura e bo humor. Miña nai era unha delas. E miña abuela Fita, outra.


Fita ía perdendo, pero díxome con picardía: “non pasa nada, non me preocupa. Teño millo vello”.  Ela gañara a partida anterior, ou as anteriores, así que tiña remanente suficiente de victorias para restregarmo nas narices e alimentar a disputa.


En verdade, tanto a ela como a min dábanos igual gañar ou perder. Era o noso xeito de pasar o tempo xuntxs.




 
 
 

Entradas recientes

Ver todo
BODY WEATHER

Body weather é unha técnica física integral creada en Xapón na década de 1970 por Min Tanaka, mestre, coreógrafo e bailarín de danza...

 
 
 

Comments


bottom of page